Sobral confía en reeditar o bipartito co PSOE para manter a alcaldía

POIO> En Poio non se agardan variacións importantes na corporación. O alcalde en funcións e candidato do BNG, Luciano Sobral, agarda arrancar o vindeiro 13 de xuño a súa sexta lexislatura á fronte do concello. Unha xestión que, unha vez máis, terá que apoiarse nos concelleiros do PSOE, que o vindeiro 24 de maio pasou de tres edís a catro.

 

BNG e PSOE de Poio aínda non arrancaron as conversas de cara á investidura do vindeiro día 13, pero o candidato nacionalista e actual rexedor confía en que non haberá cambios relevantes.

Unha vez máis, nacionalistas e socialistas reeditarán o pacto para gobernar o concello, nunha lexislatura que, de cumprirse as expectativas, será a sexta de Sobral á fronte do goberno local.

Segundo Sobral, as conversas cos tres edís do PSOE, que nesta ocasión conseguiu recuperar o concelleiro perdido nas municipais de 2011, arrancarán esta semana.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/negociacions_concello_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/01/negociacions_concello_poio.mp4{/flowplayer}