Martín Códax volve ofrecer xoves de maridaxe entre música e viño

    CAMBADOS> Coa chegada do verán, volven “Os Xoves de Códax”. A adega cambadesa presentou esta mañá a cuarta edición deste circuíto de concertos, que apostan por encher de música e apostas diferentes un dos espazos da adega. As entradas poranse á venda na web de Martín Códax a partires do 1 de xuño.

     

    Os xoves de xullo e agosto veñen cargados de propostas musicais. Por cuarto ano consecutivo, a adega Martín Códax pon en marcha “Os Xoves de Codax”, un ciclo de oito concertos de artistas galegos con proxectos innovadores.

    As entradas poranse á venda a partires do 1 de xuño ás 12 do mediodía. Estarán dispoñibles na web da adega, www.martincodax.com, e terán un custo de 5 euros, que se doarán a varias asociacións sen ánimo de lucro da comarca.

    Un dúo entre Rosa Cedrón e Emilio Rúa será o responsable de abrir o calendario o 2 de xullo. De seguido, Carmen París e Xabier Díaz, a Banda Crebinsky, Os Modernos, Guadi Galego e Pachi García, Radio Pequera ou Eliseo Parra e Marcelo Dobode, encherán de música a terraza da adega. O 27 de agosto, as artistas Martirio e Uxía serán as encargadas de despedir esta nova edición de maridaxe de viño e cultura.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/xoves_martin_codax.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/xoves_martin_codax.mp4{/flowplayer}