A Garda Civil detén a dúas persoas na Pobra por tráfico de drogas

308

POBRA> No momento da súa detención, os axentes lograron requisarlles 102 gramos de cocaína e 590 euros en metálico. A detención dos dous individuos, J.H.L. veciño da Pobra e J.A.T.R. veciño de Ribeira, producíase nun servizo rutinario. Os dous están acusados dun presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas. Os axentes realizaron a detención ó observar que intercambiaban unha bolsa de plástico transparente en cuxo interior se atopaban unha dez bolas de cor marrón con haxix, cun peso de 102 gramos. No posterior cacheo e nunha inspección ocular da zona, os axentes tamén conseguiron facerse cunha importante cantidade de diñeiro en metálico, uns 590 euros. Fontes da propia Garda Civil informaron de que a un dos prendidos xa lle constan numerosas detencións anteriores por feitos similares. Os dous xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción Número 1 de Ribeira.