O BNG proporá un acordo de mínimos ó resto dos grupos da oposición

    RIBEIRA> A negativa de Ciudadanos a integrar gobernos que non encabece pecha a porta a un posible pacto a catro en Ribeira para arrebatarlle a alcaldía ó PP. Así as cousas, o BNG proporá un acordo de mínimos ós grupos da oposición para fiscalizar o labor do goberno ó longo desta lexislatura. Trala rolda de contactos coas distintas forzas que acadaron representación, o BNG de Ribeira lamenta a negativa de Ciudadanos a integrar un goberno alternativo. Tras conversas co PSOE e IPdeR consideran que o cambio podería terse materializado ante o bo entendemento entre estes tres grupos. Sen embargo, as condicións impostas pola formación laranxa fan inviable tan sequera iniciar unha negociación. Asumido que o Partido Popular gobernará en minoría, o BNG pretende liderar unha oposición responsable e comprometida coa cidadanía polo que proporá un acordo de mínimos ó resto dos grupos. A atención ás persoas e a transparencia, dando voz á cidadanía na política municipal, serán as bases desta proposta que busca ademais a redución do gasto públuico. Os nacionalistas, que o mércores están convocados a unha reunión co PP, exporán a súa proposta ó restante dos grupos da corporación ó lonfo desta semana.