Os hostaleiros aseguran que as novas medidas non son rendibles e esixen máis axudas para o sector

PONTEVEDRA> A partir deste venres, os hostaleiros da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés poderán reabrir os seus negocios. Iso si, soamente poderán utilizar o 50% da capacidade das terrazas e deberán pechar ás seis da tarde. Unha medida insuficiente para un sector que continúa esixindo máis axudas.

Os concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a excepción de Catoira, están a punto de revivir imaxes coma estas. A partir deste venres, os hostaleiros poderán reabrir os seus negocios pero farano de maneira gradual. Polo de agora, os locais poderán utilizar o 50% da capacidade das súas terrazas e deberán baixar a reixa ás seis da tarde. Unha medida que, para moitos, non é suficiente.

Os empresarios aseguran que reabrir con estas condicións non é rendible e lamentan que a Xunta de Galicia siga castigando a este sector.

Os hostaleiros tratan de sobrevivir a pesar das pedras que atopan no camiño pero aseguran que non poderán facelo se non reciben máis axudas.

As indemnizacións son a única salvación para un dos sectores máis afectados por esta pandemia. Por iso, os hostaleiros volverán a saír mañá a rúa para trasladar esta demanda á Xunta. A manifestación arrancará dende aquí ás 11:00 horas e rematará na Praza de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí