Máis de mil nenos achéganse ao balonces grazas ao Torneo 3×3 do Arxil

PONTEVEDRA> Décimo cuarta edición pero máis forte que nunca. O Club Baloncesto Arxil volveu bater records de participación no seu torneo 3×3. Máis de mil escolares pontevedreses gozaron da mañá, do bo tempo e do baloncesto na avenida Montero Ríos.

 

1.107 nenos. 12 colexio. 50 profesores. 600 partidos e 30 pistas. Hoxe, na avenida Montero Ríos, mandou o baloncesto.

Estas son as cifras que nos deixou a décimo cuarta edición dun torneo xa clásico en Pontevedra: o 3×3 do Club Baloncesto Arxil.

Catorce edicións ás súas costas, pero o club bate records de participación en cada convocatoria.

O torneo xa se ten convertido nunha cita clave deste tipo de modalidade do baloncesto ao aire libre. Ademais de pasar un bo rato, serve para que os rapaces se acheguen a este deporte e aprendan a gozalo.

Como novidade, este ano participou o Club Amfiv de Vigo, especializado en baloncesto en cadeira de rodas. Grazas a eles, os que quixeron puideron experimentar como é xogar dende unha cadeira adaptada.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/torneo_arxil_3x3.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/torneo_arxil_3x3.mp4{/flowplayer}