O móbil de Diana apareceu gravemente danado

    RIANXO> Sumerxido no medio do lodo, coa pantalla rota e aberto pola parte superior, así atopou o teléfono móbil de Diana Quer, un rapaz de Boiro mentres mariscaba baixo a ponte da Autovía do Barbanza, na enseada de Ponte Beluso. Os investigadores traballan xa para recuperar a maior cantidade de datos que poida aportar o dispositivo sobre o paradoiro da moza.

     

     

    Trátase da primeira pista tanxible que se ten de Diana Quer desde a súa desaparición hai: o teléfono móbil da moza. O primeiro que fixo poñer o foco sobre a parroquia rianxeira de Taragoña, despois de que o seu sinal fora captado por un repetidor desta localidade, ás tres e ás catro da madrugada. Agora, setenta días despois, o dispositivo aparece a uns metros deste lugar. Foi ás once e media da mañá de onte, mentres recollía unhas ameixas. Un mariscador de Boiro atopou un Iphone 6 de cor branca, ás nosas costas, baixo a ponte da Autovía da Barbanza, máis preto de Cespón que de Taragoña. Olga é unha das mariscadoras que estaba traballando onte co rapaz que atopou o teléfono e puido ver o estado no que se atopaba. O teléfono aparece baixo a ponte da Autovía que une Cespón con Taragoña, pero bastante alonxado do Peirado deste localidade. Para Olga os danos que presentaba o smartphone non podían ser causa do golpe recibido por lanzalo ó mar desde a ponte. Iso sí, asegura que aínda mantiña a tarxeta de datos. Agora os investigadores teñen por diante un intenso traballo de recuperación. Envolto en lodo, gravemente danado e cheo de salitre. Aínda que a garda civil xa dispoñía de copia de seguridade da información que o móbil de Diana tiña na nube, o ter o dispositivo físicamente podería aportar novos datos reveladores, sobre todo das últimas horas de Diana. O teléfono de Diana está xa en mans dos especialistas do Instituto Armado en Madrid, para que lle sexa realizado un proceso de recuperación de datos, que segundo os expertos, pode durar entre catro e cinco días.