Sae a licitación a ampliación do Centro Integrado de Coroso

    RIBEIRA> O Diario Oficial de Galicia publica a licitación das obras de ampliación do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso, en Ribeira, tal e como anunciara o Conselleiro de Educación nunha recente visita ó centro. A actuación, orzamentada en seiscentos sesenta e cinco mil euros, permitirá a creación dunha nave para ampliar a oferta formativa con dous novos talleres. As empresas interesadas en concorrer a este concurso poden presentar as súas propostas nun prazo de trece días naturais ante o rexistro xeral da Xunta, xa que a Consellería de Educación é a entidade promotora. O oitenta por cento do importe total está financiado polos fondos europeos FEDER.