A ameixa e o percebe substitúen ó ourizo en Aguiño

    RIBEIRA> Tralo espectacular peche da campaña do ourizo nas confrarías de Aguiño e Ribeira, cunha facturación superior ós novecentos mil euros, o sector busca agora novas saídas. Á apertura de varios bancos de ameixa súmase a ampliación da zona do traballo do percebe. O remate da campaña do ourizo, que nos últimos meses, converteuse nun dos recursos principais dos mariscadores de Aguiño, fai que a confraría busque diversificar a actividade a través da apertura de novas zonas. É o caso do percebe. Actualmente, os profesionais de Aguiño traballan por terra entre Espiñeirido e Xuño, unha zona na que non abundan as capturas. De cara ó verán, a confraría abrirá as inmediacións das Illas Atlánticas onde se atopa o percebe de mellor calidade.