O PP esixe a retirada da piscifactoría do Corgo do Plan Acuícola de Galicia

    ruzpiscifactorias_100_201207.jpgBARBANZA > O Plan Galego de Acuicultura da Consellería de Pesca segue a xerar críticas entre veciños, propietarios e mesmo grupos políticos.

    O voceiro parlamentario dos populares, Manuel Ruíz, presentou unha proposición non de lei solicitando a retirada da piscifactoría prevista en Laxe Brava (Corrubedo).

    O documento levado polos populares ó parlamento insta á Xunta de Galicia a retirar o Plan Sectorial de Acuicultura, co fin de iniciar o diálogo cos veciños e institucións afectadas para elaborar un proxecto alternativo consensuado.

    Paralelamente, o PPdeG solicita que o parlamento reclame expresamente a retirada do parque acuícola numero nove. Trátase da piscifactoría de 308 mil metros cadrados de Laxe Brava prevista na zona do Corgo en Corrubedo. Esta actuación xerou unha gran contestación social posto que os terreos seleccionados para a súa instalación posúen un elevado valor ambiental e paisaxístico e están considerados como zona de protección especial no PXOM de Ribeira.

    Así mesmo, os veciños temen que a piscifactoría poida prexudicar os seus intereses, tanto dende o punto de vitsa ambiental como ecnómico, ó limitar o desenvolvemento de actividades sustentables.

    Aclaración de posturas

    Os populares pretenden, con esta iniciativa, que o BNG adopte unha posición clara con respecto ó plan e abandone a ‘ambigüidade’ que, segundo denuncian, veu caracterizando a actitude do grupo nacionalista ata o de agora.

    Neste sentido, califican a súa actuación de ‘incoherente’, exercendo a ratos de goberno e a ratos de oposición.

    {flowplayer}barbanza/ruizpiscifactorias.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza