CxG Muros mantense firme na súa postura

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/posibles_pactos_concellomuros0406151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/posibles_pactos_concellomuros040615.mp4{/flowplayer} MUROS> Sinalan que non apoiarán un pacto co PSOE ata a renuncia de catro dos actuais membros do equipo de goberno, entre eles a propia alcaldesa, Caridad González. A gobernabilidade do concello de Muros segue estancada tralos resultados electorais do pasado 24M. Compromiso por Galicia segue á espera dunha resposta por parte do PSOE a quen tendeu a man para un posible pacto de goberno sempre que non estivese a alcaldesa e outros tres concelleiros do actual goberno. A apenas unha semana para a celebración dos plenos de investidura, a súa postura a día de hoxe mantense firme neste aspecto. De non obter unha resposta positiva dos socialistas non descartan un acordo con outras forzas ou facilitar un goberno en minoría do PP, que se perfila como opción máis probable. Aínda así, negan rotundamente que exista un acordo pechado cos populares, saíndo ó paso así dos rumores que circulan pola vila. Sen adiantar posibles acontecementos, dende CxG apuntan a que a súa postura definitiva sairá probablemente dos acordos que tome a asemblea na xuntanza prevista para esta próxima fin de semana.