A importancia da muller no sector vitivinícola protagoniza a Xornada do Día da Muller Rual

CAMBADOS> A Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Albariño – Rías Baixas celebrou a xornada do día da muller rural. No evento resaltouse a importancia da muller no sector vitivinícola. Máis de 300 persoas asistiron á cita.

A Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Albariño – Rías Baixas cumpre 50 anos. Dende a agrupación están a celebrar diferentes actividades para conmemorar o medio século. Coincidindo co día da muller rural a asociación organizou unhas xornadas na que se puxo de valor a importancia da muller dentro do sector vitivinícola.

Ao acto acudiron diferentes autoridades como o Vicepresidente da Xunta de Galicia, o conselleiro do Medio Rural e a Secretaria Xeral de Igualdade. José González destacou a importancia deste evento para poñer en valor o empoderamento das mulleres.

As xornadas celebráronse nas instalacións de Martín Códax en Vilariño. Ademais das autoridades tamén participaron o presidente da Adega, a presidenta de AGAMUR e diferentes mulleres referentes do medio rural. A través das diferentes intervencións resaltouse a importancia da muller no sector e as necesidades que siguen tendo.

No evento se deron cita máis de 300 persoas. A Asociación Amigos do Capítulo Serenísimo do Albariño – Rías Baixas continuará conmemorando o seu 50 aniversario coa realización de máis actos e actividades durante os próximos meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí