Vivenda estuda e viabilidade da ampliación do polígono do Pousadoiro

    teresataboasvilagarcia_100_311006.jpgVILAGARCÍA > A Conselleira de Vivenda e Solo anunciou un estudo de viabilidade para analizar a ampliación do Pousadoiro, …

    … tras facer a cesión do parque empresarial ó Concello. Na súa visita Teresa Táboas tamén asinou o protocolo de colaboración para a construcción de vivenda protexida.

    A consellería de Vivenda e Solo formalizou hoxe a cesión do parque empresarial do Pousadoiro ó Concello de Vilagarcía, unha vez rematada a urbanización e a venda do Parque Empresarial. Teresa Táboas explicou que o polígono está concluído e vendido nun cen por cento e anunciou que o seu departamento encargará un estudo de viabilidade para analizar a súa ampliación e dar responda á demanda de solo empresarial nesta zona. A conselleira explicou ademais que se abonará 600 mil euros ó Concello de Vilagarcía en concepto do 10 por cento de cesión obrigatoria que lle correspondía ó Concello no polígono do Pousadoiro. Neste caso, o Concello optou por vender a parcela que agora se lle abona.

    teresataboasvilagarcia_200_311006.jpgTeresa Táboas achegouse tamén a Vilagarcía para asinar o protocolo de colaboración que permitirá á Consellería adquirir por algo máis de 282 mil euros unha parcela para edificar vivenda protexida. O terreo está situado no Bosque dos Desamparados. A conselleira salientou a colaboración institucional e valorou positivamente a adquisición dunha parcela que o Concello puido ter vendido por un valor superior. Neste terreo, de algo máis de 2 mil metros cadrados, promoverase a construción de apartamentos dun só dormitorio, cunha superficie de 40 a 45 metros cadrados útiles. Adxudicaranse en réxime de aluguer a menores de 35 anos e a maiores de 65 anos.

    A conselleira e o alcalde aproveitaron esta reunión para falar tamén da declaración de Área de Rehabilitación Integral que o Concello pretende para os cascos antigos de Carril e Vilaxoán. No mes de novembro está previsto que se dispoña da documentación, contratada externamente, necesaria para xestionar esta declaración.

    Redacción Salnés