SALNES> A mancomunidade do Salnés colaborará coa asociación Mochila da Luz para promocionar as rutas xacobeas da comarca. Mediante esta colaboración, a asociación informará aos peregrinos do camiño portugués das variantes que teñen no Salnés. A Mochila da Luz parte dende Oporto ata Santiago pasando de peregrino a peregrino.
Con motivo da pandemia, esta mochila, denominada mochila da luz, comezou a percorrer o camiño portugués de Oporto ata Santiago pasando de peregrino en peregrino. A asociación que a promove, axuda durante este tramo a todos aqueles camiñantes que se atopa no camiño. Debido a este contacto directo cos peregrinos, a mancomunidade colaborará coa asociación para axudar a promocionar as rutas xacobeas da comarca.
A asociación mochila da Luz dos Camiños de Santiago promove esta iniciativa para crear unión no camiño e homenaxear ás persoas falecidas, especialmente pola covid. Os viaxeiros poden incorporar nela os seus adornos e ademais no seu interior teñen un libro para asinar.
A asociación axuda a todos os camiñantes que se atopa no percorrido. Incluso a aqueles que veñen doutros países e queren comezar a facelo. Para a mancomunidade este acordo é moi vantaxoso, xa que a asociación chega cada día a unha media de mil peregrinos.
A mochila da luz partirá dende Oporto arredor do 10 de xullo para chegar a Santiago o día 24. Aínda así, a promoción que fará a asociación das rutas xacobeas do Salnés realizarase durante todo o ano.











