VILAGARCIA> A xunta e o concello de Vilagarcía asinan o convenio para a construción do novo centro de saúde da vila. O concello encargarase de demoler o actual edificio da mariña para logo traspasar o terreo ao sergas e que o ente autonómico constrúa o novo ambulatorio. O centro de saúde será 55% máis grande que o actual ambulatorio de San Roque.
O novo centro de saúde de Vilagarcía continúa dando pasos para converterse nunha realidade. Tralo protocolo firmado pola Xunta, Porto e Concello, agora as dúas administracións asinan un convenio para o traspaso do terreo de capitanía marítima á xunta de galicia.
Mediante este convenio, o concello comprométese a derrubar o edificio de capitanía marítima para posteriormente ceder o terreo á xunta e que o sergas se encarge de construír o novo centro de saúde.
O novo centro de saúde contará cun 55% máis de diámetro co actual centro de san roque e aumentará o seus servizos.
Para o goberno local, este acordo da resposta a unha demanda histórica do concello de Vialgarcía.
Con este acordo a xunta comezará as xestión para a sacar a licitación o proxecto arquitectónico do novo edificio. Ademais, e debido ao seu carácter histórico, intentarase manter o mosaico que actualmente adorna o edificio da comandancia da mariña.