‘Falta de responsabilidade e ilegalidade por prorrogar os orzamentos’

    orzamentos_copia100.jpgVILAGARCÍA> Así definen PP e IVIL a negativa do goberno de levar a pleno os presupostos do 2010.

    {flowplayer}images/salnes/PP_IVIL.flv{/flowplayer}

    O pasado venres, a alcaldesa de Vilagarcía, comunicaba ós líderes da oposición na Xunta de Portavoces, a decisión de manter a prórroga dos orzamentos do 2009 e por tanto renunciar ó trámite dos deste ano. Os argumentos, que segundo Fole lle comunicou Dolores García, foi a falta de apoio por parte da oposición, o que considera unha falta de responsabilidade.

    Tanto o portavoz do PP coma o de IVIL coinciden en que esta decisión non responde máis que á caducidade do grupo municipal.

    Ademais, Fole afirma que esta situación débese a unha falta de acordo entre os membros do bipartito. Pola súa parte, Rivera Mallo aproveitou a ocasión para manifestar a preocupación de IVIL pola situación financeira do concello.

    O voceiro do Partido Popular confesa que aínda están dispostos a colaborar co goberno local se se establece un calendario de traballo senón retirarán a súa oferta de diálogo.

    Redacción Salnés