Comeza en Ribeira a xira teatral ‘Mai Mai’ contra a violencia de xénero

RIBEIRA> O executivo ribeirense presentou hoxe a xira teatral infantil ‘Mai Mai’, que xira sobre a violencia de xénero para concienciar desta lacra ós cativos. Tamén estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.

En plenas celebracións polas Festas de Santa Uxía, o concello de Ribeira fixo un oco na súa axenda para presentar hoxe a xira teatral infantil ‘Mai Mai’ da compañía Baobab Teatro. Comezará na vila este mesmo sábado e viaxará nas vindeiras semanas por oito concellos de Galicia.

A Xunta de Galicia puxo en marcha este verán a campaña ‘Nós contra a violencia’ e, este espectáculo, é unha das primeiras iniciativas.

O executivo ribeirense quixo destacar a importancia deste tipo de actividades, aseguran necesarias para loitar contra a lacra da violencia de xénero.

A entrada ó espectáculo é de balde, polo que non hai escusa para deixar de asistir a estrea da obra teatral ‘Mai Mai’ este sábado día 14, ás 19:30, no Auditorio Municipal de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí