BOIRO> Boiro acollerá este domingo a oitava edición do Trail dos Indios – Castelo de Vitres. Ademais das dúas distancias de 24 e 14 quilómetros, este ano haberá tamén unha andaina non competitiva.
Máis de 400 corredores participarán no Trail dos Indios Castelo de Vitres que se celebra este domingo en Boiro. Ademais das distancias longa e curta, de 24 e 14 quilómteros respectivamente, este ano ofrécese a posibilidade de realizar unha andaina tamén de 14 quilómetros, en modalidade non competitiva.Nesta oitava edición, a proba forma parte da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña.
A dificultade é alta posto que se trata dun circuíto moi técnico que discorre pola Serra do Barbanza.
Trala entrega de premios, haberá un xantar para os participantes no pavillón Santa Baia. O evento será retransmitido por streaming.