POBRA> A actividade, organizada pola concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, está dirixida a familias con crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.
Esta mañá arrancaba unha nova edición do programa Espazos das Familias. A actividade, dirixida a familias con crianzas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, ten coma principal obxectivo dotar de ferramentas educativas os pais e nais e compartir as vivencias sobre a crianza.
A actividade desenvolverase ó longo de todo o período escolar sen ningún tipo de custo para as familias participantes. As sesións terán lugar tódolos martes, en horario de 11.30 a 13.00, na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.
A inscrición aínda non está pechada, polo que calquera familia que se anime a participar na actividade pode facelo ó longo de todo o período lectivo. As familias interesadas poden cubrir a ficha de inscrición no departamento de Servizos Sociais do Concello.