O concello de Muros trasladará ó Colexio de Rexistradores a perda de calidade no servizo

MUROS> Representantes de tódolos grupos da corporación municipal de Muros reuniranse este martes con responsables do Colexio de Rexistradores da Propiedade para abordar a perda de calidade deste servizo. Denuncian que a oficina de Muros converteuse nunha mera sucursal de Corcubión. Tal e como se temían no concello de Muros, a entrada en vigor do Real Decreto que modifica a demarcación do rexistro da propiedade tivo como consecuencia a perda de calidade asistencial na oficina de Muros. A alcalde, María Xosé Alfonso, entende que os recortes de persoal e servizo converteron a Muros nunha sucursal de Corcubión, a onde moitos veciños vense obrigados a desprazarse para realizar trámites que xa non poden facer en Muros. Por esta razón, solicitaron un encontro co colexio de rexistradores da propiedade que terá lugar mañá na Coruña. Asistirán representantes de tódolos grupos que conforman a corporación. A rexedora lembra que o Conselleiro de Presidencia compromerteuse a mediar ante o goberno do Estado para que se mantivera o servizo como ata o momento. Algo que non se está a cumprir. Para o goberno muradán, esta é unha mostra máis do afán do goberno do Partido Popular de desmantelar o rural coa crecente perda de servizos que obriga ós cidadáns destes municipios a desprazarse a outras cidades para realizar todo tipo de xestións.