Nervios e repasos de última hora na inauguración da selectividade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/selectividade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/selectividade.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> Primeira xornada das probas de acceso á universidade, máis coñecidas como selectividade. 1060 alumnos de bacharelato de Pontevedra e arredores enfrontáronse hoxe aos primeiros exames dos que dependerá en gran medida se poden, ou non, estudar a carreira que teñen pensada. Como non podía ser doutro xeito, os nervios estiveron garantidos.

1.060 alumnos de bacharelato respiran xa algo máis aliviados. Hoxe enfrontáronse á primeira xornada de exames das probas de acceso á universidade.

Moitos nervios e repasos de última hora para as dúas primeiras probas:  Lingua castelá e literatura e, a escoller, Historia de España ou da Filosofía. Buero Vallejo, os novos pobres da crise, a Transición ou Kant.

Á saída, caras moito máis relaxadas. E é que coa perspectiva que dan as experiencias pasadas, a selectividade non é tan mala como a pintan.

Pero os nervios tamén dependen da elección que fagan para encamiñar o seu futuro. Sobre todo para os que teñan en mente estudar carreiras con nota de corte que lles esixa unha determinada cualificación.

Para os demais, sempre está o punto de vista máis práctico.

Con Galego e Lingua Estranxeira, os rapaces pecharon esta primeira xornada de selectividade. Mañá será outro día.