SANXENXO> O cuatripartito para arrebatar a alcaldía ao PP de Telmo Martín cobra foza en Sanxenxo. Segundo Gonzalo Pita, líder de SAL e a alternativa a Martín para o posto de rexedor, a desconfianza e a falta de compromiso dos populares foi o que levou á súa formación a avanzar nas conversas con PSOE, BNG e Sanxenxo Pode. Iso si, ata o sábado Pita non da nada por pechado.
Unha chamada onte a Telmo Martín para frear as conversas, desatou a tormenta no escenario político de Sanxenxo. As negociacións entre PP e SAL parecían avanzadas, pero a día de hoxe o cuatripartito cobra forza.
Nas conversas con Martín, Gonzalo Pita esixíalle o compromiso institucional para apoiar algunhas actuacións pendentes en Sanxenxo, como a reforma da PO-308 ou o colexio de Vilalonga. A negativa do líder popular foi a causa principal do desencontro.
Para Gonzalo Pita, a opción do cuatripartito ofrece transparencia, confianza e outra forma de facer política. Un argumento que onte apoiou a asemblea de SAL.
Este acordo con BNG, PSOE e Sanxenxo Pode sentaría a Pita na alcaldía de Sanxenxo. Pero o líder de SAL non quere dar por suposto o cuatripartito antes da investidura.
Dende o Partido Popular provincial, tamén se resisten a dar Sanxenxo por perdida. Rafael Louzán insistiu en que quedan aínda días para traballar e conseguir un acordo entre a súa formación e SAL, e amosouse convencido das posibilidades de que frutifique.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/entrevista_gonzalo_pita.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/10/entrevista_gonzalo_pita.mp4{/flowplayer}