O PP busca a contrarreloxo un acordo con SAL que lles permita conservar Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo é un dos concellos que concentra gran parte da atención. A escasas horas do pleno de investidura, aínda se descoñece cal será a distribución da nova corporación.

Nos últimos días, cobrou pulo o cuatripartito de SAL, BNG, PSOE e Sanxenxo Pode, con Gonzalo Pita á cabeza, fronte un bipartito de PP e SAL, con Telmo Martín como alcalde. Dende o Partido Popular aínda non dan nada por feito, apuntan a que as conversas coa formación de Pita seguen abertas e aseguran que están dispostos a conseguir o apoio institucional reclamado por SAL.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/intro_total_louzan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/11/intro_total_louzan.mp4{/flowplayer}