O Albergue de Peregrinos de Pontevedra inaugura “Camelias”, un novo edificio de 20 prazas

PONTEVEDRA> O Albergue de Peregrinos de Pontevedra inaugurou hoxe unhas novas instalacións. Unhas novas dependencias que permitirán ampliar a capacidade do albergue en 20 prazas. O edificio leva o nome de “Camelias”.

Estas son as novas instalacións do Albergue de Peregrinos. Con estas dependencias, o aloxamento pasa de ter 72 prazas a 92 e convértese así no de maior capacidade dentro do Camiño Portugués. “Camelias” é o nome deste novo edificio.

As cifras deste 2020 en canto aos peregrinos non están a ser moi positivas. Mentres que no 2019 chegouse a 100.000 visitantes en Pontevedra, os datos este ano non superan os 15.000. De feito, neste albergue soamente se contabilizaron 800 pernoitas dende o pasado 1 de xullo. Así e todo, o Conselleiro de Cultura e Turismo quixo facer fincapé esta mañá no incremento rexistrado no último mes.

Na inauguración desta ampliación do Albergue estivo tamén presente o alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores destacou a importancia de converter este aloxamento nunha referencia do Camiño Portugués.

Con este novo edificio, o Albergue de Pontevedra pretende dar servizo aos miles de peregrinos que se achegan cada ano á nosa cidade. A inversión destas obras ascendeu a case 200.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí