Chegará en agosto o verán para quedarse?

Pontevedra> O mes de agosto chega con alternancia de nubes e claros e sen probabilidade de precipitacións. Tras un mes de xuño excepcional, xullo chegou algo revolto e para este mes de agosto que estamos a pique de inaugurar, a cidadanía e o turismo, piden sol e calor, a temperatura típica para esta época do ano. Tras un mes de xuño de verán, chegou xullo coas súas nubes e claros e menos días de praia, e agora agosto, parece que non entra pisando forte en canto a temperaturas pero alo menos non se iniciará con choivas. Hoxe na rúa son moitos os que pedían máis sol e calor para o verán pontevedrés. Ademais por moitos motivos, para axudar a hostalería e como non para que o tempo acompañe nas festas que aínda quedan por diante. Pese a isto, son moitos os que están encantados coa temperatura que temos nestes días nas Rías Baixas. Queda por diante moito verán, agardamos polo ben de todos, que as temperaturas ascendan, que o sol chegue para quedarse e que poidamos desfrutar moitos días máis, das preciosas prais que posuímos nas rías baixas.