O Banco de Alimentos necesita 500 voluntarios para a súa “Gran Recollida”

PONTEVEDRA> A Fundación Provincial Banco de Alimentos comeza a prepararse para a Gran Recollida. Unha cita xa tradicional na comarca e na que o colectivo espera poder recadar, en Pontevedra, 125.000 quilos de produtos non perecedoiros. Pero para que isto sexa posible, é fundamental o traballo dos voluntarios.

500 voluntarios. Esa é a cifra que precisa a Fundación Provincial Banco de Alimentos en Pontevedra para poder levar a cabo a súa Gran Recollida. Unha cita que é xa unha tradición na cidade e que esta ano cumpre a súa sétima edición.

Todos os que queiran aportar o seu gran de area e converterse en voluntario, poden facelo a través deste número de teléfono e da páxina web do colectivo. Na actualidade, o Banco de Alimentos de Pontevedra reparte comida en 35 entidades homologadas e para seguir facéndoo os representantes deste colectivo confórmanse con recadar, este ano, a mesma cantidade que na anterior edición.

O Banco de Alimentos cumpre este ano o seu 25 aniversario e, para poder seguir axudando a quen máis o necesita, os representantes deste colectivo recordan que calquera contribución é fundamental para eles.

A Gran Recollida levarase a cabo os días 22 e 23 de novembro. Pero antes, o día 15 o Banco de Alimentos descubrirá quen é o embaixador ou embaixadora desta edición. O que está claro é que a persoa que tome o relevo de David Amor será un rostro moi coñecido e comprometido coas persoas máis desfavorecidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí