Piden seis anos de prisión para un veciño de Barro acusado de abusar dun discapacitado

PONTEVEDRA> A Audiencia Provincial de Pontevedra xulgou esta mañá a dous veciños de Barro por un suposto delito de abusos sexuais a un discapacitado. A Fiscalía pide seis anos de prisión para un deles, acusado de ser o autor dos feitos. Para o outro, que considera cooperador necesario, solicita catro anos de cadea.

Na sala da Audiencia Provincial de Pontevedra, a suposta vítima, un home cunha grave discapacidade mental, deu a súa versión do acontecido no ano 2013. Segundo o seu relato, un dos acusados, curmán seu, levouno ata unha caseta onde o estaba a agardar o outro. Foi este quen, supostamente, o violou despois de pechar a porta. Antes de marchar, tería pagado a quen o levou. 

Días despois dos feitos, a vítima contaba o sucedido a súa nai e á asistenta.

Ese mesmo día a nai desconfiara do tempo que pasou o fillo fóra da casa, pero non descubriu o sucedido ata que atopou a roupa interior manchada de sangue.

Os acusados negaron todos os feitos. As súas defensas apuntaron a unha mala relación previa entre a nai da suposta vítima e os homes que sentaron hoxe na bancada. Tamén plantexaron a opción de que a versión dada polo veciño coa discapacidade fora inventada. Algo que desbotou unha das peritos.

A Fiscalía pide seis anos para o suposto violador e catro para o outro acusado, que considera cooperador necesario. Tamén unha indemnización conxunta de 8.000 euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/xuizo_abusos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/xuizo_abusos.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí