BOIRO> O concello de Boiro vai a por en marcha un programa de detección temperá da dislexia e o TDAH. A iniciativa, enmarcada no proxecto EnClave, desenvolverase en colaboración coa Universidade de Santiago e os centros educativos.
Destacados expertos no eido educativo e psicopedagóxico da Universidade de Santiago de Compostela desenvolverán en Boiro un programa de detección temperá da dislexia e o TDAH. Traballarán ata finais de xaneiro, en colaboración cos centros educativos do municipio, co alumnado dos primeiros cursos de primaria para determinar as dificultades que xorden no eido da lecto-escritura e a atención.
A iniciativa enmárcase no proxecto EnClave que desenvolve o concello anualmente en tódolos centros educativos implementando programas propostos pola propia comunidade educativa como a atención á saúde menta ou campañas de hixiene bucodental.











