Preto de 900 maiores reúnense no Xantar de Confraternidade da Pobra

A POBRA> Preto de 900 persoas participaron hoxe no Xantar de Confraternidade do concello da Pobra. Ademais dun saboroso menú, os asistentes disfrutaron dunha xornada de festa e baile que se prolongou ata ben entrada a noite.

O recentemente remodelado pavillón de Venecia deu cabida ós preto de 900 comensaos que asistiron ó xantar de confraternidade do concello da Pobra. Xunto coas autoridades locais participaron no encontro representantes doutros concellos da comarca e a deputada provincial de Política Social, Mar García. Non faltaron tampouco os responsables das entidades sociais e numerosas empresas que colaboran na celebración do evento. Aínda que os auténticos protagonistas foron os maiores que, como cada ano, acudiron fieis á súa cita.

Ademais do suculento menú servido por Chicolino, composto de dous mariscos, peixe, carne e sobremesa, os asistentes disfrutaron da animación musicail a cargo dos grupo de Gaitas Os Caraveiros e o Trío Mar Davila, que amenizou o baile.

Durante a xornada, procedeuse tamén ó sorteo de diversos agasallos e cestas de Nadal entre os asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí