O concello de Ribeira oferta este verán viaxes a Sálvora e a ruta do mexillón

RIBEIRA> O concello de Ribeira volverá poñer en marcha unha das iniciativas turísticas que máis interese espertaron o pasado ano. Trátase das saídas en catamarán á Illa de Sálvora que darán comezo este sábado.

Durante o mes de xuño están previstas tres viaxes a Sálvora: a de este sábado día 4, o 18 e o 25. Durante xullo e agosto haberá saída tódolos mércores e sábados pola mañá. Pola tarde complementarase a oferta coa ruta do mexillón, principal novidade deste ano.

O prezo para as viaxes a Sálvora será de 25 euros para adultos e 10 para nenos de 3 a 12 anos. Ademais do desprazamento inclúe unha visita guiada á aldea e ó faro a cargo de guías acreditados das Ilas Atlánticas. No caso da ruta do mexillón o prezo será de 17 euros, 9 para os nenos. O concello busca con esta oferta promocionar o turismo náutico dadas as especiais condicións que reúne a ría de Arousa, navegable durante todo o ano.

Os interesados poden solicitar máis información nas oficinas de Golfiño no Touro ou na case turística emprazada no Malecón de Cruceiros do Ulla-Turimares, empresa encargada das viaxes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí