A Pobra vivirá catro días de celebracións co Carme dos Pincheiros

A POBRA> A Pobra vivirá esta fin de semana unha das súas festas grandes coa celebración do Carme dos Pincheiros. Serán catro días de festa nos que a música e a tradición invadirán a vila. Como convidados especiais non faltarán os xigantes e cabezudos que cada ano percorren as rúas da vila nestas datas.

O tradicional desfile de Xigantes e Cabezudos e o pregón previsto para o venres ás nove dende o balcón do concello darán inicio a catro días de festa.

A música será unha das principais protagonista dos festexos con actuacións de grupos tradicionais, DJs e destacadas orquestras.

Aínda que os nenos serán os que máis disfrutarán dos festexos, o sábado estará especialmente dedicado á mocidade cos ‘San Juerguines’ con pasabares e festa da auga. E o domingo será o día grande coa misa solemne e procesión do Carme en homenaxe ás xentes do mar.

As festas rematarán o luns coa gran queima de fogos de artificio e o combate naval que porán o broche final ás celebracións.