Política Social aumenta en máis de 200 mil euros as axudas a Ambar a través do novo concerto social

RIBEIRA> Durante a visita realizada ás instalacións de Ambar en Frións, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, anunciou que, a través do novo concerto social, a entidade pasará a recibir por parte da Xunta 831 mil euros ó ano para o financiamento dun total de 69 prazas públicas nos seus centros, o que supón un aumento superior ós 200 mil euros que recibe cos contratos actuais.

Un xesto este que destacou a propia presidenta de Ambar, Milagros Rey, ó considerar que durante estes anos a entidade estaba a ser claramente prexudicada.

Na visita a directora xeral estivo acompañada tamén polo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, que destacou o traballo que vén realizando Ambar dende a súa creación, pelexando por acadar unha autonomía plena para as persoas con algún tipo de diversidade funcional.