Noia chora a perda de Diego Mayo

NOIA> O accidente producíase neste punto da estrada provincial DP-5704, á altura de Carracido, na parroquia de Barro.

O vehículo no que viaxaba Diego, na compaña de seu irmán, saíuse da vía por causas que polo de agora se descoñecen, e acabou colidindo contra un poste e contra outro turismo que se atopaba estacionado na beiravía.

Os dous mozos quedaron atrapados no vehículo, polo que tiveron que ser excarcerados polos equipos de emerxencia que se desprazaron ata o lugar. Diego falecía no propio punto e seu irmán, ferido de gravidade, foi trasladado en ambulancia ó Hospital Clínico de Santiago, onde permanece a día de hoxe con prognóstico reservado.

A nova caeu como unha bomba en Noia. Ademais de tratarse dunha familia moi coñecida da vila, dáse a circunstancia de que o accidente producíase a escasos metros da casa de seus pais, á que ó parecer se dirixían a celebrar a cea de Noiteboa.