A Fundación Celta elixe de novo Boiro para o seu Campus de Verán

BOIRO> A actividade, que está dirixida a nenos de idades comprendidas entre os catro e os dezaseis anos, desenvolverase do 27 ó 31 de xullo nos campos municipais de Vista Alegre. Xa está aberto o prazo de inscrición na terceira edición do Campus de Verán da Fundación Celta que se desenvolverá en Boiro, nos campos municipais de Vista Alegre, do 27 ó 31 de xullo en xornada matinal. A actividade, promovida polo club vigués, en colaboración co Club Deportivo Boiro e o propio concello boirense, foi presentada esta mañá . Reunirá a rapaces de idades comprendidas entre os catro e os dezaseis anos. Para eles será unha gran experiencia. O xerente da Fundación Celta, Germán Arteta, destacou a vertente social deste campus, que permitirá que os rapaces poidan adquirir outros valores coma o compañerismo e a integración. Na presentación da actividade participaron tamén o presidente do Club Deportivo Boiro, David Places, e o alcalde, Xoán Xosé Dieste. Este último fixo alusión o enorme orgullo que supón poder albergar un campus destas características. O custe do campus será de 130 euros, cun desconto para os nenos do Club deportivo Boiro e para os empadroados neste concello, polo convenio que existente co propio Celta, que só pagarán 115.