Fátima Abal xa exerce coma alcaldesa de Cambados, trala sorpresa da investidura

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/abrazo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/comeza_lexislatura_cambados.mp4{/flowplayer}

CAMBADOS> Emotivo o momento no que Cambados coñecía que nos vindeiros catro anos vai ter un goberno de esquerdas, logo de case tres décadas de maiorías absolutas do Partido Popular. O resultado sorprendeu a todos, porque nin a propia alcaldesa entrante contaba con que as outras tres forzas: BNG, Somos e Cambados Pode ían apoiar a súa candidatura. Unha aperta entre Fátima Abal e José Ramón Abal selaba a paz entre ambos, logo do cruce de declaracións subidas de ton das últimas semanas.

José Ramón Abal era a maior incógnita da xornada de investidura e, a xulgar polas olleiras, non foi unha noite de moito durmir. Finalmente, el tamén apostou polo cambio.

Foi un día de feitos e tamén de xestos, algúns reflectían perfectamente o tensa que foi a elección.

Luís Aragunde felicitou á nova alcaldesa e desexoulle sorte no mandato. Para comezar, terá que configurar o seu novo goberno no que entrarán os catro grupos de esquerda, logo do apoio tácito na investidura. O primeiro que terá que xestionar, porque o tempo bótase enriba, será a festa do Albariño.

O novo Goberno de Cambados, si se me permite o símil, é coma un bebé. Centra todas as atencións, aínda non botou a camiñar e, en breve, comezará a facer máis cousas. Serán boas ou malas? A intención é a mellor, pero xa se sabe que cada bebé é un mundo…