O Grao en Dirección e Xestión Pública de Pontevedra terá novas saídas laborais

PONTEVEDRA> O Grao en Dirección e Xestión Pública que se imparte na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra ofrecerá novas saídas profesionais. Esta mañá anunciábase que o título habilitará aos alumnos para traballar na Xestión Administrativa.

O único Grao público e acreditado en Dirección e Xestión Pública de toda España, que se imparte en Pontevedra, recibiu unha nova de calado. Ese título permitiralle aos seus alumnos presentarse ás probas de acceso á profesión de Xestión Administrativa.

Dende a Facultade de Ciencias Sociais amósanse moi satisfeitos por este recoñecemento, máis se cabe porque se produce logo do traballo que desempeñan os propios alumnos nas súas prácticas de empresa.

A súa intención é seguir traballando por este camiño, sumando saídas profesionais para os alumnos que saen da facultade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/xestion_publica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/xestion_publica.mp4{/flowplayer}