Calvo estréase como vicepresidente segundo no Salnés animando aos concellos a adquirir coches eléctricos

VILANOVA> A Xunta pon en marcha unha nova convocatoria para os concellos para que avancen na compra de vehículos eléctricos ou híbridos. Anunciouno hoxe en Vilanova o vicepresidente segundo do goberno galego. Este municipio adquiriu na anterior convocatoria dous coches para para Obras e outro polo sistema de renting para a Policía Local.

Os concellos galegos poderán seguir avanzando na incorporación de vehículos eléctricos ou híbridos ao seu parque móbil, coa axuda da Xunta. O DOG publica hoxe a nova liña de axudas que impulsa o goberno galego. Entre a convocatoria do ano pasado e esta, vaise moblizar 1,6 millóns de euros.

Esa é, precisamente, a modalidade á que se acolleu Vilanova para facerse con este novo coche para a Policía Local. É o cuarto vehículo destas características no municipio. O alcalde anima ao resto de municipios a que se sumen ao cambio.

Á renovación do parque móbil, hai que suma-lo reforzo do persoal da Policía Local durante a campaña estival. O alcalde celebra que, ademais, este será o primeiro verán coa Garda Civil de volta na localidade.

O concello de Vilanova tamén adiquiriu dous vehículos eléctricos para o departamento de obras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí