O BNG continúa co proceso de asembleas abertas de cara ás eleccións xerais

    BOIRO> O BNG de Boiro desenvolverá unha asemblea aberta á cidadanía. Ademais de avaliar o traballo feito ata o momento pola agrupación municipal, abordarase a estratexia a seguir pola formación de cara ás próximas eleccións xerais. O BNG pretende dar continuidade ó proceso de diversificación da formación iniciado o pasado mes de outubro coas asembleas abertas. Estas xuntanzas espertaron o interese de moitos cidadáns pola política municipal achegando, non só a súa visión, senón tamén formulando propostas que foron recollidas e incorporadas polo BNG no seu programa. Co obxectivo de seguir nesta liña, os nacionalistas boirenses convocaron unha asemblea para este venres ás oito e media. A cita será na Casa da Cultura Ramón Martínez López e está aberta a calquera cidadán, milite ou non no BNG. Ademais de analizar os resultados electorais, comezarase a definir a estratexia de campaña para a próxima cita electoral.