10 nenas e nenos saharauís pasarán o verán no Salnés co proxeto Vacaciones en Paz

SALNÉS> Un ano máis o programa “vacaciones en paz” trae a España a nenos e nenas procedentes do Sáhara. Nesta edición serán 10 os saharauís que pasen o verán nos concellos do Salnés. Poder asistir a recoñecementos médicos, evitar as altas temperaturas e coñecer a nosa cultura son algúns dos obxectivos deste proxecto.

Cada Verán a CEAS Sáhara trae a España a centos de nenas e nenos procedentes do deserto africano. En colaboración con outras asociacións levan a cabo o programa “vacaciones en paz”. Un proxecto de sensibilización política e social.

O programa persigue unha serie de obxectivos para que os nenos e nenas se beneficien da súa estancia no noso país.

En total son 330 os cativos e cativas que virán a Galicia, dos cales 10 pasarán o verán na comarca do Salnés. Con idades entre os 8 e os 12 anos para eles é unha oportunidade de gozar do verán.

Os dous meses de estancia en Galicia permite a creación de vínculos próximos. A pesar de que en Setembro volven ao seu país o contacto continúa.

Ao longo do verán coñecerán o noso país da man das súas novas familias. Tamén gozarán da compañía dos seus compañeiros en diferentes eventos, o primeiros deles, a recepción do Concello de Vilagarcía nos vindeiros días.