Achan droga nunha finca preto da vivenda dos presuntos asasinos de Yulisa

    POBRA> A Garda Civil de Boiro investiga o achado de numerosas doses de droga, previsiblemente de cocaína, nun terreo próximo ó piso no que residían os presuntos asasinos de Yulisa, na rúa Tetuán. Segundo informaron fontes policiais, a droga foi atopada no interior dun recipiente de plástico por un traballador que estaba limpando a maleza existente na finca. Ata o lugar desprazáronse varios axentes do Instituto Armado que inspeccionaron a zona na procura de novas pistas que puideran axudar na investigación, ó crerse que a vivenda podía ser un punto de venda de droga. Cabe lembrar que durante os rexistros efectuados no domicilio dos agora detidos, a raíz da aparición do corpo de Yulisa, encontráronse tamén diversas substancias estupefacientes.