O Boiro levouse o derbi comarcal desta fin de semana

NOIA> Os boirenses impuxéronse por un gol a dous ó Noia, que con este resultado ve truncada a súa boa xeira de resultados. Na mellor entrada do ano en San Lázaro, o Noia non foi quen de levar a vitoria ante o Boiro. Os noieses caían por un gol a dous, cortando a boa racha de últimos resultados dende a chegada de José Manuel Pose ó banquiño. A primeira metade foi de dominio local. Os noieses, a favor de vento nesta primeira parte, tiveron as mellores ocasións. Aínda así o resultado ó descanso non se movería. E no fútbol o que perdoa acaba pagándoa. Na segunda metade os de Víctor Santos foron mellores. Un tanto de Yahvé. De fermoso libre directo, adiantaba ós boirenses no 58. O tanto foi un auténtico mazazo para os locais, que ademais volvían ver, minutos despois perforada a súa portería. Un erro na zaga foi aproveitado por Miki para facer o cero a dous. aínda así o noia non se veu abaixo e continuou pelexando na busca de alomenos o empate. Un tanto de Rendo de forte trallazo dende longa distancia recurtaba o marcador a falla de dez minutos para o asubío final. O gol espoleou ós locais que o seguiron intentando…pero xa non houbo tempo e o marcador xa non se movería deixando o definitivo un a dous. o Noia ve truncada a súa boa xeirta de resultados das últimas semanas. Segue en postos de descenso. É penúltimo clasificado con 23 puntos. Pola contra os tres puntos de onte meten ó Boiro de novo na pelexa pola promoción de ascenso. Son novenos cpon 48 puntos. A oito da cuarta praza que ocupa actualmente o Racing Vilalvés.