Vilanova celebra este domingo o Día da Música

    VILANOVA> Este domingo entraremos, oficialmente, no verán, unha estación que para quen entenda o bo tempo coma sol, é un período alegre. Pois en Vilanova únense este ano a unha iniciativa que xa se fai noutros países de todo o mundo. Este domingo, será o día da Música.

    Ir andando pola rúa e atoparse fronte a fronte coa Música, así, coma quen non quere a cousa, acostuma ser unha ledicia. Pero a cousa ben que a quere, porque este Día da Música xa comezou a celebrarse en París aló polo 1980. O movemento, na súa fórmula orixinal, chegou a Vilagarcía en 2010, e este ano, tamén se celebrará en Vilanova.

    A Festa da Música procura fomentar a participación libre e espontánea da xente e iso, moitas veces, fai que se recorra aos clásicos, aos cantares de sempre, dos pobos, co que se contribúe á súa preservación.

    Nun momento histórico no que a expresión “botarse á rúa” ten todo tipo de connotacións, positivas e negativas, a música irromperá nas rúas e prazas públicas de Vilanova, coma a dos Olmos, a do Concello ou o Paseo Marítimo, entre outros. Tamén se celebra en Vilagarcía e noutras 350 cidades do mundo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/musica_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/festa_musica_vilanova.mp4{/flowplayer}