VILAGARCIA> As empresa Thune Eureka e Meycatec súmanse a Fundivisa e ao concello de Vilagarcía no II Plan de Formación Especializada. Esta iniciativa permite que 15 desempregados se formen nestas compañía para aumentar a súa cualificación laboral. Nesta edición os participantes formaranse en torno e fresa.
As empresas Thune Eureka e Meycatec súmanse este ano ao II Plan de Formación Especializada de Vilagarcía. A iniciativa que comezaron o concello e Fundivisa formará este ano a 15 desempregados entre as tres empresas nas especialidades de torno e fresa.
Os desempregados comezarán realizando unha formación teórica e, mediante este acordo, as empresas comprométense a contratar como mínimo ao 30% dos traballadores que a superen.
Pola súa parte, o concello encargarase de financiar a formación. Esta colaboración permite formar aos traballadores e axudar ás empresas a obter persoal cualificado. Dende Fundivisa cualifican este plan como un éxito.
Na edición anterior, 3 participantes ampliaron o seu contrato con Fundivisa dos cales un continúa aínda na compañía. Os 15 desempregados desta edición formaranse conxuntamente na parte teórica e logo dividiranse para realizar as prácticas nas empresas. O prazo de inscrición para este plan aínda non está aberto.