Os patróns maiores de Arousa seguen indignados coa Consellería do Mar

    VILAGARCÍA> A Plataforma en defensa da ría de Arousa e os patróns maiores están indignados pola ausencia de comunicación por parte da Consellería do Mar. Seguen agardando por unha xuntanza e insisten na mala situación dos recursos marisqueiros.

    Os profesionais do mar da ría de Arousa seguen en péde guerra contra a Consellería do ramo. Séntense ninguneados e negan que xa teñan unha data para esa ansiada xuntanza que lle pediron hai case sete meses á conselleira, Rosa Quintana. Entenden que a situación é prácticamente insostible.

    Como levan facendo nas últimas semanas, hoxe presentaron datos sobre o estado dos recursos pesqueiros, con resultados elocuentes. As capturas de nécora,ameixa rubia, volandeira e camarón descenderon entre un 21 e un 32 por cento en 2014, con respecto á media dos últimos doce anos. Unha tendencia semellante a do mexillón, vieira ou berberecho e que tamén temen para este ano, polo que case dan a campaña por perdida.

    Din que eses datos débenlle constar á Administración, e advirten que non permitirán que se perda o foco dos problemas de saneamento e produtividade que sofre a ría.

    O que máis lamentan é non ter novas da Xunta. Por iso, a súa indignación medra, xa que se senten abandonados á súa sorte.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/arousa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/pdra_arousa.mp4{/flowplayer}