PONTEVEDRA> O Pont-Up Store xa está en marcha en pleno centro de Pontevedra. Unha oportunidade para achegarse a algunhas das propostas máis creativas e innovadoras do panorama emprendedor galego. Téxtil, gastronomía, produción de espectáculos, arte. Todo ten cabida na carpa que esta fin de semana ocupará a Praza de España.
Corenta startups galegas despregan dende hoxe os seus proxectos na Praza de España.
Precisamente este é o obxectivo da Pont-Up Store. Ofrecer un espazo aos emprendedores para que amosen o que mellor saben facer.
Gastronomía, téxtil, arte, natureza. Todo ten cabida na oitava edición desta cita, na que o 55% dos proxectos están encabezados por mulleres.
O 40% son, ademais, proxectos que nacen no rural, e a gran maioría comparten unha filosofía: a sustentabilidade e o coidado do medio ambiente.
Todos representan unha Galicia viva, innovadora e creadora de futuro, reinterpretando algúns dos elementos máis típicos da nosa cultura.
O Pont-Up Store acumula oito anos de éxitos ás súas costas. Non só servindo como escaparte para proxectos coma estes, senon axudando a formar unha rede de apoio ao emprendemento que convirta a Pontevedra, alomenos durante tres días, na capital galega das mellores iniciativas empresariais.