Fóra de perigo a nena de cinco anos que caeu dun terceiro piso en As Sinas

    VILANOVA> Fóra de perigo a pequena que onte caeu dun terceiro piso en Vilanova. As feridas non era tan graves como se temera nun principio e non presenta lesións importantes, aínda que continúa ingresada no Hospital Clínico de Santiago. A nena de cinco anos fora trasladada ata aí por un helicóptero do 112, un importante despregue de medios que revolucionou o lugar de As Sinas.

     

    A nena de cinco anos que onte dun terceiro piso no lugar de As Sinas, en Vilanova, xa está fóra de perigo. Ao redor das 2 da tarde, a pequena precipitábase dende unha ventá da súa vivenda, que quedara aberta por un despiste. Rapidamente púxose en marcha un amplo dispositivo, que mobilizou Policía Local, 061 e Protección Civil.

    A pequena foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago polo helicóptero do 112. Aínda que nun primeiro momento temíase que sufrira lesións de gravidade, finalmente todo quedou nun susto.

    A familia non é coñecida na zona. Hai poucos meses que alugaron a vivenda dende a que caeu a nena, pero o suceso provocou unha forte conmoción entre os veciños.

    A pequena continúa baixo observación do equipo médico, e seguirá ingresada no hospital santiagués.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/suceso_nena_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/suceso_nena_vilanova.mp4{/flowplayer}