A ciberdelincuencia aumenta na provincia nun 105%

PONTEVEDRA> Aumenta a ciberdelincuencia na provincia. Así o anunciou esta mañá a subdelegada do Goberno tras presidir a Xunta Provincial de Seguridade. En 2019 os delitos a través de internet medraron nun 80%. A maioría deles prodúcense fora do territorio nacional. De aí a dificultade para resolvelos.

As estafas por Internet aumentaron no 2019 nun 105% na provincia de Pontevedra. Este foi un dos datos analizados esta mañá na Xunta Provincial de Seguridade. En canto a outros ciberdelitos, os datos creceron tamén nun 80%. A subdelegada do Goberno asegurou que cada vez que se poñen máis recursos para reducir estes fraudes e incidiu na necesidade de mellorar as cifras.

A meirande parte dos ciberdelitos prodúcense fora do noso país. Algo que complica o traballo dos corpos e forzas de seguridade neste ámbito.

Na Xunta Provincial de Seguridade falouse tamén dos roubos con violencia en vivendas. Uns datos que no 2019 rexistraron unha baixada do 8% respecto ao ano anterior. A subdelegada do Goberno fixo fincapé na taxa de criminalidade na provincia. A cal sitúase en 26 infraccións por cada mil habitantes.

Por último, Maica Larriba fixo balance dos casos activos de violencia de xénero na provincia. En total, este dato ascende ata os 1095. Deles, 3 contan con risco extremo e 7 con risco alto.