O executivo ribeirense posibilita a consulta online dos recibos municipais

    RIBEIRA> A páxina web municipal: www.riveira.es ou www.riveira.gal vén de incorporar un novo apartado dirixido a que os contribuíntes poidan consultar de forma online o estado dos seus recibos municipais domiciliados. Premendo na sección baixo o epígrafe “ventanilla dixital”, os interesados acceden á sede electrónica do Concello na cal, introducindo unha serie de datos (DNI/NIF, importe, exercicio e número de recibo) poderán comprobar distintos apartados, como o concepto ó que corresponde ese recibo bancario (auga, recollida de lixo, terrazas de hostalería, escola infantil municipal, etc.), os prazos de pagamento ou ben se xa está liquidado ou non.