Aumenta a división entre Vilanova e Cambados polo proxecto do colector entre ambas vilas

CAMBADOS> O rexeitamento por parte de Costas do estado do proxecto para construír un colector entre Vilanova e Cambados divide cada vez máis a ambos concellos. Segundo o alcalde de Cambados, Costas non se oporía a que ambas vilas constrúan un tanque de tormentas pero si á creación do colector. Dende Vilanova critican ao alcalde cambadés por non avisar antes desta proposta e dubidan das palabras do rexedor. Tamén levarán a negativa de Costas ao contencioso.

O proxecto do colector entre Vilanova e Cambados, está dividindo a ambas vilas. Tralo acordo acadado por ambos concellos e a xunta, o rexeitamento do proxecto por parte de Costas do estado, afasta cada vez máis a postura de ambos municipios. Na reunión mantida con augas de Galicia, Samuel Lago informou de que costas non se oporía á construción do tanque de tormentas pero si ao colector. Unha proposta que descoñecían os vilanoveses e pola que critican e dubida das palabras de Lago.

Pola súa parte Samuel Lago explica que el non pode presentar por escrito a proposta porque aínda non foi redactada. Ademais advirte que a construción do tanque de tormentas sería competencia da Xunta.

Samuel Lago matiza que aínda que non se poida construír o colector, polo menos o tanque de tormentas solucionaría moitas verteduras.

Unha solución que da que dubidan en Vilanova.

Dende Vilanova xa anunciaron que acudirán ao contencioso para desbloquear o proxecto. Samuel Lago mostra ao seu apoio nos tribunais aos vilanoveses pero só na parte do colector, non na do tanque de tormentas.

Os populares dubidan das palabras de Samuel Lago, incluso de que poida ir ao contencioso cando, segundo advirten, Cambados non pediu permiso para facer as obras do proxecto. A voceira do PP en Cambados, Sabela Fole, solicitará por ao rexedor cambadés que aporte toda a documentación da reunión mantida con Costas do estado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí