VILAGARCÍA> Vilagarcía aproba as bases das becas para estudantes universitarios e ciclos superiores.
O concello destina 40 mil euros á concesión de cen axudas de 400 euros, dando cumprimento a unha das medidas recollidas no programa electoral dos socialistas. A contía está destinada ao financiamento de gastos de transporte e material de estudo, a realizar no ano natural, e concederanse en función do nivel de ingresos dos solicitantes. Así, non poderán acceder ás becas os estudantes matriculados en cursos a distancia ou on line. A proposta ampliouse finalmente a petición de Somos Maioría, xa que nun principio non contemplaba bolsas para estudantes de ciclos superiores de FP que estudaran fóra de Vilagarcía. O prazo de solicitude non se abrirá ata despois da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.